Verxel de Bergantiños
Coristanco é terra dunha das mellores variedades de tubérculo de toda Galicia. A nosa beleza radica nun rico e diverso patrimonio o cal ofrece una experiencia única que combina natureza, cultura e tradición.
Todas e cada unha de nosas quince parroquias encerran un encanto particular con 141 núcleos de poboación con personalidade propia.
Festa da Pataca
Prepárate para deleitar os teus sentidos cunha experiencia culinaria única na Festa Gastronómica da Pataca. Coristanco convídache a descubrir e saborear a versatilidade dun dos ingredientes máis icónicos da gastronomía galega: a pataca.
Programa 2024
Festa declarada
de interese turístico de Galicia
Neste concello ten lugar un dos eventos gastronómicos máis antigos de Galicia. Estamos a referirnos á Festa da Pataca de Coristanco, unha manifestación cultural e social que pretende enaltecer a “Solanum tuberosum” que aquí nestas terras se produce grazas a dedicación e ao traballo de agricultores e produtores.
Con máis de catro décadas de exaltación, a Festa da Pataca constitúe un reclamo non só para o entorno máis achegado da comarca, senón que supón unha visita obrigada para todo aquel que queira desfrutar dunha das festas máis consolidadas e representativas da zona, que dende 2022 obtido a distinción de “Festa de Interese Turístico de Galicia”.
Coristanco é tradición
Volvendo a vista atrás, rememorando o vivido.
Con productos de alta calidade.
Identidade cultural e expresión artística.
Gastronomía e Tradición
As nosas distincións culinarias constitúen un patrimonio para identificar, revalorizar e promocionar, non só en termos culturais senón tamén en termos de traballo, economía, procesos artesanais e industriais asociados, recuperación e protección de especies e produtos naturais axentes da biodiversidade, e como recurso turístico.
Espazos Culturais e Gastronómicos
Coristanco é actualidade
Pasado, presente e futuro da Pataca de Coristanco.
Artesanía Gastronómica
Da man dos mellores cociñeiros e cociñeiras.
Museo da Pataca
Gozar e coñecer a fondo o noso produto: aspectos organolépticos, historia, variedades, procesos de elaboración, propiedades nutritivas, usos culinarios...
Coristanco convídache a descubrir e saborear a versatilidade dun dos ingredientes máis icónicos da gastronomía galega: a pataca, unha manifestación cultural e social que pretende enaltecer a “Solanum tuberosum” que aquí nestas terras se produce grazas a dedicación e ao traballo de agricultores e produtores.
Concursos e Showcookings
Habilidades culinarias posta a proba.
3º Domingo de setembro
Coristanco é festexo
Tractores engalanados
Cada domingo, os tractores engalanados disputan o primeiro premio.
Degustación producto local
Aderezado por unha exquisita gastronomía.
Xogos tradicionais
Baile da Pataca, Trueiro, Habilidades de condución de tractores...
Edición 41
A Festa da Pataca de Coristanco festexou ao grande a súa 41 edición, con grandes novidades que supuxeron todo un revulsivo para os amantes do sector agrario e unha forte aposta polos produtos de calidade.
O mercado de artesanía alimentaria, cunha vintena de postos de pequenos produtores galegos con selo exclusivo de calidade e a gran aposta gastronómica desta edición tiveron unha excelente acollida, con moito ambiente durante as diferentes xornadas do festexo.
Sabor, tradición e calidade maridaron o festexo que, a través de charlas inspiradoras de líderes visionarios en gastronomía e sustentabilidade, música en vivo, exposicións audiovisuais e obradoiros creativos innovadores homenaxearon o noso produto.
Añade una llamada a la acción
Aproveita a túa visita
Coristanco é patrimonio
Unha paraxe idílica.
Conxunto megalítico en Ferreira.
Área Recreativa con xogos infantís, parques, asador e zonas verdes.
Área Recreativa da Rocheira, Pulmón Verde de Coristanco.
En Coristanco logramos conservar todos os sabores, os cheiros e os sons da nosa terra; mantendo os ciclos naturais e a historia nas nosas tradicións, as nosas construcións e o noso pasado. En definitiva, conservamos a nosa esencia.
A conta atrás xa comezou!
En breve poderás acceder a este contido.
ASCUAS DUNHA TRADICIÓN
Volvendo a vista atrás, rememorando o vivido
Diversión Asegurada
Concurso a Pataca Quente
E ti, acertarías as preguntas antes que revente a pataca quente?
Xogos tradicionais
Os xogos tradicionais forman parte da nosa cultura e como non teñen un papel fundamental no festexo. A apaña da pataca, o trueiro, o baile en parella cunha pataca pendurada coa axuda única das súas frentes, o tiro a corda...
Buscando alén dunha función lúdica o rescate destes xogos que son transmitidos de forma expresiva dunha xeración a outra.
Produtos locais de alta calidade.
Arte culinario
Produtos locais de alta calidade.
música e baile
Conservar a identidade cultural, a nosa esencia, o noso sentido de ser, a nosa orixe, a nosa historia, o noso sentido de pertenza e con iso os nosos valores.
arte con patacas
A imaxinación non ten límites á hora de embelecer un vehículo agrícola e a procesión de tractores engalanados é, sen dúbida, un dos grandes atractivos da Festa da Pataca de Coristanco. Coristanco ano tras ano premia a orixinalidade, o traballo e os contidos de actualidade nos "Vehículos presentados”.
grandes e pequenos
Dende a pasada edición, o Concurso de Tractores Engalanados conta cunha nova categoría infantil na que nenos e nenas decoran a súa bicicleta, patinete, triciclo...